As Aulas da Terceira Idade de Galicia (Ategal) cumpren, en 2018, o 40 aniversario da súa fundación. E, para celebralo, comezan o ano organizando varias actividades paralelas que se engaden aos seus habituais cursos de formación, obradoiros e actividades culturais, físicas e de confraternización, excursións e encontros interxeracionais. Todo iso para persoas maiores de 55 anos.
Así, como explica a vicepresidenta da entidade, Paula Sande, "desde as aulas seguimos impartindo materias como estimulación cognitiva, ximnasia, ioga, pilates, taichí, inglés, historia, música, pintura, literatura, francés, uso e manexo do smartphone, actividades interxeracionais e solidarias, coñecemento e uso da App de Ategal para móbil e tabletas, excursións e visitas culturais, etcétera".
Multitude de posibilidades, comenta, "realizadas con grandes doses de ilusión, traballo en equipo, compañeirismo, rigor e compromiso", co obxectivo especial, sinala, de "coidar a nosas alumnos e alumnas, sacar partido ao seu talento, formalos e informalos, darlles a coñecer o que ocorre no seu a súa cidade, provincia e en toda Galicia". E en definitiva, subliña, "para seguir, todos xuntos, dando máis vida á vida cada día", un dos slogan principais da entidade.
Próximas convocatorias
Ademais dos seus actos e cursos habituais, Ategal celebra o 18 de xaneiro ás 19 horas na súa sede de Santiago de Compostela (Rúa Virxe da Cerca, 31) a conferencia aberta ao público do médico e humanista, Raimundo López, 'O cerebro da muller'. E o próximo 1 de febreiro e para todas as persoas usuarias das nove sedes de Ategal en Galicia, a asociación realiza unha excursión a Vigo para visitar, no Museo do Mar, o valioso manuscrito do século XIII que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax: o Pergamiño Vindel.
Para máis información sobre os cursos, actividades e novidades de Ategal, pódese
visitar a súa web ou as súas redes sociais facebook, twitter e instagram ou chamar ao seu teléfono: 618 184 344.