
O concello de Valga vai acoller este mes de xaneiro media ducia de actividades [3] para introducir á veciñanza nos principais usos e vantaxes das novas tecnoloxías da información. Os obradoiros do programa formativo, centrado na aula CeMIT local (emprazada no auditorio municipal), teñen o nexo de facer fincapé na alfabetización dixital da cidadanía, como por exemplo as actividades para as que aínda hai prazas libres: o curso Crea o teu email, que se desenvolverá entre os días 15 e 17, e o curso Fai a túa compra online, que se celebrará entre os días 22 e 31 de xaneiro.
Amais das actividades devanditas, desenvolverase o curso Iniciación á informática, con datas por confirmar, e os cursos Personaliza o teu calendario, Descubre Google Earth e Sorprende coas túas presentacións en Impress.
Por outra banda, a aula tamén informa que o vindeiro 26 de xaneiro ás 10 horas realizaranse no dito local TIC os exames presenciais dos cursos EMA de teleformación. Soamente poderán inscribirse nestas probas as persoas que activaran a opción de Cuestionario de avaliación na plataforma de teleformación EMA, unha vez seguidos todos os contidos do curso. Unha vez realizada a súa inscrición, é necesario ter recibido o correo confirmatorio de matriculación para asistir ás probas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7994.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.valga.es/publicacions/ver.htm?publicacionId=22257