
A Escola de Finanzas, [3] con sede en Oleiros (A Coruña), e máis a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) [4] veñen de asinar un acordo marco de colaboración para traballar de xeito conxunto no fomento de actividades formativas dirixidas a directivos e profesionais da área TIC e da Sociedade da información. No acto de formalización do acordo participaron os principais responsables de ambas as entidades, Patricia Muíño Parente, directora xeral da Escola, e o presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Julio Sánchez Agrelo.
Froito deste convenio, a AETG colaborará na difusión das actividades formativas da EF entre os seus asociados, un compromiso co coñecemento avanzado que responde a un dos grandes obxectivos da asociación: achegar formación continua en materia de novos recursos innovadores e tecnolóxicos para o desenvolvemento do noso labor profesional. Pola súa banda, a Escola de Finanzas ofrecerá descontos na realización dos másters que imparte para facilitar así a formación do colectivo.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7970.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://escueladefinanzas.edu.es/
[4] http://www.aetg.gal/articulos/asinado-o-convenio-entre-a-escuela-de-finanzas-e-a-aetg-para-promover-a-formacion-de-direc