
A Fundación CNSE e a Fundación Vodafone España colaboran nun proxecto de alfabetización dixital no uso de teléfonos intelixentes dirixido ás persoas maiores xordas usuarias da lingua de signos. A formación consiste na impartición de 34 talleres nas 17 federacións territoriais da CNSE.
A aparición destes dispositivos xerou unha nova contorna no que as persoas maiores poden vivir con maior autonomía persoal e independencia, e poden ver mellorada a súa calidade de vida.
Este proxecto enmárcase dentro dun Convenio de Colaboración que foi subscrito por ambas as entidades e asinado polos seus respectivos responsables: Santiago Moreno, por parte da Fundación Vodafone España, e Concepción Mª Díaz, en representación da Fundación CNSE.
A iniciativa inclúe a formación a máis de 300 persoas maiores xordas no uso de teléfonos intelixentes e o acceso a Internet desde os mesmos, mostrándolles como utilizalos, que aplicacións poden usar segundo os seus gustos e preferencias para o contacto con familiares e amigos, para xestionar recordatorios, para moverse en transporte público ou vivir máis activamente. Todo iso utilizando vídeo-pílulas formativas que incorporan lingua de signos, tanto para dispositivos con sistema Android como para os que utilizan o sistema operativo iOS, o que contribuirá a que as persoas maiores xordas poidan asimilar as súas funcionalidades e así, beneficiarse de servizos que favorezan a súa autonomía persoal
Os 34 talleres impartiranse ata marzo de 2018. As persoas interesadas en asistir deberán contactar coas respectivas federacións territoriais da CNSE.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7900.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()