
A Fundación ONCE, coa axuda de Bankinter, aborda esta realidade nun novo episodio da serie de animación ‘On Fologüers' titulado ‘On shopping'–quinto capítulo da súa segunda tempada-, baseado no proxecto de oficina sustentable, no que se teñen en conta as necesidades de todas as persoas.
Nesta ocasión as protagonistas son María e Laura, con discapacidade física e visual, respectivamente, que comezan a prepararse para as celebracións de Nadal. A necesidade de poder contar con diñeiro en efectivo fará que busquen unha sucursal bancaria e na súa peregrinaxe darán coa oficina sustentable de Bankinter.
As oficinas sustentables de Bankinter teñen en conta no seu deseño, no seu funcionamento e na súa definición de espazos criterios de eficiencia económica e ambiental (medición, control, redución e compensación das emisións xeradas), así como de accesibilidade para calquera tipo de cliente, independentemente das súas capacidades físicas, sensoriais, cognitivas ou de idade.
Tras o éxito da primeira tempada, estreada en xuño de 2016, a Fundación ONCE volve a insistir neste formato para visibilizar e tratar de normalizar o día a día das persoas con discapacidade retratadas nunha cuadrilla de amigos que se enfrontan a situacións cotiás e que resolverán con moito sentido do humor.
Grazas á súa aposta por normalizar a discapacidade a serie da Fundación ONCE foi recoñecida co Premio Cermi.es na categoría de Comunicación e Imaxe Social da Discapacidade.
‘On Fologüers' pódese ver en Flooxer, plataforma audiovisual que apoia a creadores con talento e que conta con 1,5 millóns de visitas ao mes; e nas canles de redes sociais de Antena 3, La Sexta, Onda Cero Radio e Europa FM. A serie emítese nas canles de redes sociais da Fundación ONCE e tamén pode accederse a ela a través da web da Fundación ONCE [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7868.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.fundaciononce.es/