
A revista Gadget fixo entrega dos Premios aos Mellores Gadgets do Ano. Nesta VII edición, por primeira vez, incluíuse a categoría Impacto Social TIC, na que foi galardoado o programa Fablabs Sociais. Trátase dunha aposta pola formación e creación colaborativa na contorna dixital aberta para mozos en situación de vulnerabilidade.
Os FabLabs Sociais, da Fundación Orange, competiron nesta categoría, xunto cos proxectos finalistas: ProFuturo da Fundación Telefónica [3], Eva Facial Mouse, da Fundación Vodafone [4], e Smart School, de Samsung [5].
Desenvolvéronse internacionalmente en 11 países. En España, vertebraron este proxecto a través dos programas Breakers e GarageLabs.
Breakers [6] é un programa formativo dirixido a mozos en vulnerabilidade no que se estimula tanto a aprendizaxe de habilidades técnicas de deseño, prototipado electrónico ou fabricación dixital, con outras competencias transversais como o traballo en equipo, a presentación das propias ideas, etc. A iniciativa desenvólvese en distintos espazos da contorna Fab Lab e maker en tres convocatorias anuais
GarageLabs [7] propón un espazo dixital e transformador na aula destinada a Escolas de Segunda Oportunidade ou centros de Formación Profesional Básica.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7845.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.fundaciontelefonica.com/educacion_innovacion/profuturo/
[4] http://www.fundacionvodafone.es/app/eva-facial-mouse
[5] http://www.samsung.com/es/news/local/samsung-smart-school/
[6] http://www.fundacionorange.es/fablabs/breakers/
[7] http://www.fundacionorange.es/fablabs/garagelabs/