
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de facer públicas as orientacións sobre Identidade Dixital dirixidas ao profesorado e ás familias, para un coñecemento máis exhaustivo da contorna dixital no ámbito educativo, resultado dun proxecto no que participaron un grupo de persoas relevantes do mundo dixital galego que responder a 57 preguntas concretas.
O material elaborado ao redor deste proxecto concretouse nun libro dixital bilingüe que pode descargarse de balde en formato PDF [3] e unha serie de vídeos informativos (recollidos nunha canle de YouTube [4]) que abordan cuestións como os riscos da Rede, a suplantación de identidade, as compras en liña por parte de menores ou incluso a explicación de terminoloxías propias do contorno TIC como netiqueta, infoxicación ou sexting. Todos estes contidos están recompilados nunha páxina web accesible a través do dominio identidadedixital.gal [5].
A participación nos vídeos do proxecto Identidade Dixital foi moi variada, de xeito que tanto podemos atopar docentes como profesionais do sector TIC. Algúns casos serían a doutora en Filoloxía Inglesa Alba Alonso [6], a docente e profesional do mundo da Informática Luz Castro [7], o profesor da IE Business School Enrique Dans [8], o presidente da asociación TADEGa Juan José Fernández García [9], o webmaster de Código Cero Marcus Fernández [10], o xornalista e docente Luis Fraga [11], a enxeñeira en Telecomunicacións Edita de Lorenzo [12], o informático co-autor do libro Los Nativos Digitales No Existen Javier Pedreira [13], o psicólogo Javier García [14], o avogado Víctor Salgado [15] e o presidente do CPEIG Fernando Suárez [16], entre outros.
Estes materiais foron presentados na sala Eisenman da Cidade da Cultura nun encontro con docentes [17] da Rede de Formación do Profesorado e con profesorado encargado de elaborar contidos en materia de convivencia, no que tamén participaron o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila.
Estas orientacións enmárcanse dentro da Estratexia Galega de Convivencia 2015-2020 [18] e súmanse a outros protocolos postos en marcha pola Consellería de Educación como os de Protección de Datos Persoais, de Atención Educativa Domiciliaria, de Urxencias Sanitarias, ou de Acoso e Ciberacoso. Todos eles teñen como finalidade dar apoio aos centros, aos docentes e ás familias con documentos e guías específicas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7827.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://eventos-edu.xunta.gal/sites/w_educam/files/identidade-dixital/files/guias13.pdf
[4] https://www.youtube.com/channel/UC7M3rKKA25nL30gfjB-t2Yg
[5] https://eventos-edu.xunta.gal/identidade-dixital
[6] https://twitter.com/AlbaRealkiddys
[7] https://twitter.com/luz_castro
[8] https://twitter.com/edans
[9] https://twitter.com/jufega
[10] https://twitter.com/marcusfernandez
[11] https://twitter.com/LuisFragaTV
[12] https://twitter.com/EditadeLorenzo
[13] https://twitter.com/wicho
[14] https://twitter.com/javierfisterra
[15] https://twitter.com/abonauta
[16] https://twitter.com/fsuarezl
[17] https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/26281/educacion-pon-disposicion-profesorado-familias-orientacions-sobre-identidade
[18] http://www.edu.xunta.gal/portal/Educonvives.gal