
A aplicación EVA Facial Mouse, aplicación gratuíta que permite aos propietarios controlar un dispositivo Android mediante o seguimento dos movementos da cabeza, foi presentada no evento Huawei Eco-Connect Europe 2017 celebrado no CityCube de Berlín.
Neste evento, a compañía Huawei anunciou que expandirá o seu mercado dixital a Europa co seu Huawei AppStore. A idea é que esta tenda de aplicacións seá complementaria a Google Play e 100% compatible con Android, pero virá preinstalada a partir de 2018 en todos os dispositivos Huawei como unha forma de ofrecer aplicacións gratuítas ou freemium.
O obxectivo é ofrecer unicamente aplicacións que estean catalogadas cunha alta puntuación e para todas as idades. Eva Facial Mouse, con 2 millóns de descargas, será unha das aplicacións que estarán dispoñibles no mercado de Huawei. A Fundación Vodafone España, coa súa app EVA Facial Mouse [3], foi unha das 15 entidades seleccionadas que se aliaron con Huawei para o lanzamento desta iniciativa.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7809.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://http//www.fundacionvodafone.es/app/eva-facial-mouse