
A start up Fusion Collective Intelligence, especializada en desenvolvementos dixitais de intelixencia colectiva, lanzou en España a plataforma Welever, que pretende democratizar a responsabilidade social empresarial e promover unha nova forma de facer voluntariado corporativo que pon o protagonismo no empregado e xestiónase a través do teléfono móbil.
Welever está pensado para que as empresas poidan activar a súa responsabilidade social dunha forma sinxela, escalable e económica: o custo varía desde 36 euros por empregado ao ano para unha empresa con 50 empregados activos, ata un euro para as que teñen 25.000 traballadores activos.
A ferramenta xestiónase internamente, sendo os propios traballadores quenes propoñen as iniciativas solidarias que conforman o Programa de Liderado Social, de acordo cos seus intereses e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) definidos pola empresa.
A app está xa dispoñible para contornas iOS e Android. Unha vez descargada no móbil, e vinculado o seu perfil de usuario coa empresa, pode dar de alta as súas iniciativas solidarias para que os seus compañeiros poidan participar nelas, así como sumarse a colaborar nas actividades propostas por outros empregados ou pola propia organización. A aplicación conta con chat interno e a posibilidade de enviar notificacións push.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7761.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()