
A Deputación de Pontevedra vai organizar este mes de novembro media ducia de obradoiros TIC no edificio administrativo da entidade que preside Carmela Silva (na capital provincial) e máis nas instalacións de AEMPE Pontevedra, Estas actividades desenvólvense ao abeiro da rede TIC impulsada pola Deputación, a rede SmartP [3]EME [3], constituída polas sedes operativas de Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados e Lalín, dende as que os profesionais da Deputación (en colaboración cos Concellos e as asociacións) despregan un importante labor de capacitación dixital ao servizo de autónomos, PEME e traballadores. A entidade provincial xa deu a coñecer os programas de Lalín, Cambados, Vigo, Porriño e Ponteareas. Polo que respecta a Cambados, o Centro Exposalnés [4] acollerá [4]en novembro [4]seis obradoiros [4]. No que atinxe á zona de Vigo (Vigo, Porriño e Ponteareas) desenvolveranse durante todo o mes de novembro un total de 18 obradoiros [5]. En Lalín celébranse, tamén, media ducia de actividades [6].
Volvendo aos obradoiros de Pontevedra, comezan este martes 7 de novembro co taller Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial e seguirá cos seguintes cursos: o xoves 9 impartirase o obradoiro Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing; o martes, día 14, Imos chamar á porta da túa clientela: Posicionamento SEO; o martes 21 Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais; o xoves 23 de novembro Crea o teu propio logotipo con Canva, e Woocommerce I – A solución para vender por internet, o martes 28 de novembro. A única actividade que realizarase fóra do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra será o de Imos chamar á porta da túa clientela: Posicionamento SEO, que se organizará nas instalacións de AEMPE.
Como lembraremos, a oficina SmartPEME de Pontevedra está emprazada no Edificio Administrativo da Deputación, na Gran Vía de Montero Ríos, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es [7] ou na páxina web www.smartpeme.depo.es [3]. Todas as actividades deste mes comezarán ás 19 horas agás o obradoiro que terá lugar en AEMPE, que arrancará ás 17:15 horas.
O proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo abrangue as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7717.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.smartpeme.depo.es/
[4] https://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-cambados-acolle-durante-o-mes-de-novembro-seis-novos-obradoiros-de-smartpeme
[5] https://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-as-oficinas-smartpeme-da-area-de-vigo-acollen-18-obradoiros-durante-o-mes-de-novembro
[6] https://codigocero.com/Lalin-acolle-en-novembro-seis-obradoiros-TIC-ao-abeiro-de-SmartPEME
[7] mailto:info.smartpeme@depo.es