
A Deputación de Pontevedra vén de informar de que o Viveiro de Empresas do Polígono Lalín 2000 acollerá durante o mes de novembro seis obradoiros [3] ao abeiro da rede TIC impulsada pola dita entidade provincial, a rede SmartPEME [4], constituída polas sedes operativas de Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados e Lalín, dende as que os profesionais da Deputación (en colaboración cos Concellos e as asociacións) despregan un importante labor de capacitación dixital ao servizo de autónomos, PEME e traballadores. A entidade provincial xa deu a coñecer os programas de Cambados, Vigo, Porriño e Ponteareas. Polo que respecta a Cambados, o Centro Exposalnés [5] acollerá [5]en novembro [5]seis obradoiros [5]. No que atinxe á zona de Vigo (Vigo, Porriño e Ponteareas) desenvolveranse durante todo o mes de novembro un total de 18 obradoiros [6].
En canto aos obradoiros programados para Lalín no mes de novembro, todos eles en horario de 19 horas, terán como primeiro evento Ferramentas de Google para a promoción de negocios, previsto para este luns 6 de novembro. Posteriormente, o mércores 8 organizarase o obradoiro Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio. A seguinte semana, o mércores 15, Lalín tamén acollerá Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope... A seguinte cita será o martes 21 de novembro, cando terá lugar na vida do Deza o obradoiro Bota as túas propias fotografías para o comercio electrónico. Esa mesma semana, o xoves 23 de novembro, terá lugar o obradoiro Comercio electrónico para microPEME. Por último, neste mes de novembro, o Viveiro de Empresas do Polígono Lalín 2000 será o lugar de celebración do obradoiro As redes sociais para vender os teus produtos de alimentación, o luns día 27.
O proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo abrangue as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7693.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-lalin-acolle-durante-este-mes-de-novembro-seis-novos-obradoiros-de-smartpeme
[4] http://www.smartpeme.depo.es/
[5] https://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-cambados-acolle-durante-o-mes-de-novembro-seis-novos-obradoiros-de-smartpeme
[6] https://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-as-oficinas-smartpeme-da-area-de-vigo-acollen-18-obradoiros-durante-o-mes-de-novembro