
A Fundación Hazloposible celebrou en Madrid o evento Empresas con Sentido ao que asistiron máis de 250 persoas para coñecer novas tendencias en voluntariado corporativo e innovación social.
Na inauguración do acto, Carmen Caseiro González, directora xeral do Traballo Autónomo, Economía social e RSE do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, destacou que “os criterios da RSE melloran á empresa e devolven á sociedade o que esta nos dá”.
Pola súa banda, Catalina Parra, presidenta da Fundación Hazloposible, compartiu cos asistentes a Biblioteca de Voluntariado Corporativo [3], que recolle materiais didácticos para axudar ás empresas para multiplicar o impacto dos seus programas.
A continuación Maite Arango, vicepresidenta do Consello do Grupo Vips, e Josep Santacreu, CEO de DKV Seguros, debateron sobre como a alta dirección entende o rol do Voluntariado e a Innovación Social nas súas vidas e no seu enfoque da RSC. Arango considera que “as empresas necesitan líderes con compromiso e humildade para que o seu compromiso se traslade aos empregados”. Mentres, Santacreu, como líder empresarial, explicou que o seu propósito de vida é “axudar a persoas que son capaces de transformar o mundo. Na vida hai que estar en proxectos que impacten na xente, desde onde sexa”.
Posteriormente, na mesa redonda Empresas con Sentido, directivos, millenials, xestores de programas de voluntariado corporativo e ONG con programas de voluntariado corporativo innovadores expuxeron novas formas de participación e colaboración entre empresas e ONG.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7676.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.hazloposible.org/biblioteca-voluntariado-corporativo/