
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) e o operador de telecomunicacións Orange organizan o día 19 de outubro a xornada de presentación do programa “Sé Dixital”, que se retransmitirá desde as instalacións do Centro Demostrador TIC Galicia a través de videoconferencia a 11 aulas CeMIT en horario de 10.00 a 11.00 h.
“Sé Dixital”, un programa de adaptación á nova economía dixital
“Sé Dixital” é un programa para fomentar a transformación do tecido empresarial de municipios e vilas, co fin de acadar unha rápida e efectiva adaptación destas poboacións e os seus habitantes aos retos que require a nova economía dixital global. Este plan de formación online de balde contribúe a que empresarios e emprendedores locais desenvolvan as súas habilidades dixitais e melloren as súas actividades profesionais gracias ao aproveitamento das novas tecnoloxías.
O obxectivo é que todas as persoas que participen nestes cursos poidan adquirir formación nas competencias que esixe a nova economía dixital, algo fundamental para fortalecer a competitividade e impulsar o emprego e a transformación dixital nos municipios e vilas. Este programa inclúe vídeos explicativos e testemuñas sinxelas que son accesibles a través dunha plataforma de teleformación, con contidos que acadan as 20 horas de formación amena e directa, obténdose un certificado da EOI ao remate do programa.
Aulas
As persoas interesadas en seguir esta xornada poden acercarse á aula do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela (https://cdtic.xunta.gal/ [3]) ou ben a calquera das aulas CeMIT das seguintes localidades, que mostraron o seu interese en retransmitir a través de videoconferencia a dita xornada e así poder evitar desprazamentos innecesarios:
Por outra banda, de xeito complementario e no marco do convenio asinado pola Xunta de Galicia, a través do Igape, a EOI e Orange, en breve está prevista a realización de cursos no marco deste programa nas seguintes localidades: Viveiro e Monforte de Lemos, na provincia de Lugo; Verín, Carballiño, O Barco de Valdeorras e A Rúa, en Ourense; Carballo e Arzúa na provincia da Coruña; e Vilagarcia de Arousa, A Estrada, Redondela e Marín en Potevedra.
Pódese consultar os datos de contacto das aulas CeMIT na seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/centros [4].
Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020
Orange vén de incorporarse ao colectivo de máis de 700 aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 [5], impulsado pola Amtega, ao que se poden sumar aquelas empresas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de recursos financeiros, humanos ou, como neste caso, de coñecemento.
O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7595.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://cdtic.xunta.gal/
[4] https://cemit.xunta.gal/centros
[5] http://faitedixital.xunta.gal/sites/default/files/documentos/Plan_Inclusion_Dixital_Galicia.pdf