
O vindeiro día 25 a partires das 19:30 horas celebrarase no salón de actos da Fundación Barrié na cidade da Coruña a edición número 12 de Coruña Bloggers [3], encontro solidario para interesados no mundo dos blogs, as redes sociais, a Internet e tecnoloxía en xeral que achega os últimos mércores de cada mes información interesante sobre o mundo 2.0 sendo a súa asistencia de balde, aínda que dende a organización pregan aos participantes acudir con cando menos 1 quilo de alimentos non perecedoiros para a súa doazón á Cociña Económica, estándose a pique de sueprar os 2.000 quilos achegados dende que comezou a organizarse esta iniciativa.
Os interesados en acudir o mércores 25 poden xa solicitar o seu convite a través da Rede [4], quedando así rexistrado o seu interese en asistir a este encontro que este mes terá lugar en clave feminina, xa que as relatoras serán a economista Isabel Loureiro [5], quen falará sobre o uso da Internet na procura de emprego, mentres que Mar Castro [6], consultora en comunicación e protocolo, abordará o spam social, ese grande problema cando as comunicación non desexadas, molestas ou irrelevantes non chegan só do correo electrónico, senón tamén das redes sociais.
A xornada desenvolverase até as 21:00 horas, cando os asistentes trasladaranse a un local de hostalaría próximo para a correspondente sesión de networking.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7585.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://corunabloggers.com/2017/10/15/ya-estan-las-invitaciones-para-el-12o-coruna-bloggers-del-25-de-octubre/
[4] https://www.eventbrite.es/e/entradas-coruna-bloggers-12a-edicion-38887498555
[5] https://twitter.com/isaorien
[6] https://twitter.com/marcastrops