
Impulsar e mellorar a adherencia os tratamentos farmacolóxicos da cidadanía galega. Este é o gran obxectivo da aplicación móbil (app) [3] que desenvolverán a Consellería e de Sanidade e a Universidade de Santiago ao abeiro dun convenio marco de colaboración inserido no ámbito das TIC e a saúde (o que se coñece como eSaúde) e que está previsto que dea lugar a actividades conxuntas de I+D entre a USC e a Consellería de Sanidade, validando diferentes tecnoloxías do devandito ámbito de actuación.
A aplicación cuxos detalles veñen de avanzar o SERGAS e máis a USC, a app Calendula, permitirá facer cousas como realizar o seguimento da medicación, descargar a medicación actual, revisar pautas horarias, recibir avisos e alarmas, rexistrar tomas de medicación, xestionar as boticas anexas (botiquíns), recibir avisos de efectos secundarios ou consultar os prospectos da medicación. Trátase do primeiro froito do acordo marco entre a USC e Sanidade.
Ao abeiro do acordo, a Subdirección Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información encargarase da coordinación das iniciativas de I+D+i no ámbito das TIC sanitarias e a realización a supervisión da plataforma tecnolóxica que dea soporte a estas actividades dentro do Sistema público de Saúde de Galicia, en coordinación coas unidades competentes na materia. Pola súa banda, a USC, a través do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS), porá a disposición os investigadores e os medios técnicos axeitados para levar a cabo a bo fin as actividades de I+D mencionadas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7583.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/25158/conselleria-sanidade-usc-desenvolveran-unha-aplicacion-mobil-para-mellorar-adherencia