
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) ultiman os preparativos da xrnada "Transformación Dixital e Talento”, un ambicioso evento que porá en contacto a empresas, universidades e estudantes ao redor da economía dixital o vindeiro día 16 de outubro.
Os relatores que participarán no encontro, seleccionados polo seu perfil inspirador, son exemplo de éxito profesional: Constantino Fernández [3], presidente executivo de Altia; Enrique Dans [4], profesor de Innovación do IE Business School; Juan Carrillo [5], Director de Relacións con Clientes de LinkedIn; e David Tomás [6], cofundador e CEO de Cyberclick.
O Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acollerá as charlas en horario de mañá. A xornada está dirixida ao público en xeral e en particular a estudantes universitarios, previa inscrición en eventos@cpeig.gal [7] ou https://XTdT.eventbrite.es [8]. O mago mentalista Javier Luxor actuará de condutor do acto e mesmo realizará algunha pequena actuación.
Programa
O CPEIG e a AMTEGA unen esforzos na organización da xornada "Transformación Dixital e Talento” na procura dun punto de encontro da mocidade e profesionais que buscan formarse nun dos sectores máis dinámicos da economía española e con máis saídas laborais, e con empresas que achegan a súa experiencia en demanda de recursos humanos no sector TIC.
O seminario inscríbese no convenio de colaboración que manteñen a Amtega e o CPEIG.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7553.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://es.wikipedia.org/wiki/Tino_Fern%C3%A1ndez
[4] https://www.enriquedans.com/curriculum
[5] https://www.linkedin.com/in/juancarrillo/
[6] http://www.davidtomas.com/
[7] mailto:eventos@cpeig.gal
[8] https://xtdt.eventbrite.es/