
A iniciativa “Ao lado dos nosos maiores” desenvolverá 13 talleres gratuítos sobre o uso de dispositivos móbiles para maiores entre o 2 e o 20 de outubro. Por terceiro mes consecutivo o operador de telecomunicacións Orange en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ofrecerán nas aulas CeMIT de trece municipios galegos xornadas, cunha duración máxima de 2 horas, impartidas por persoal da multinacional, que facilitará as tabletas e móbiles para realizar as actividades do curso.
O obxectivo principal desta actividade, que se está a desenvolver en 23 concellos con aulas CeMIT, é ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento das tabletas e móbiles para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e se familiaricen coa tecnoloxía móbil. Entre outros contidos tratarase como acceder ás redes móbiles e wifis, enviar e recibir WhatsApp, enviar fotos, vídeos e mensaxes, gardar os contactos e todas aquelas dúbidas que lles poidan xurdir no uso normal do teléfono e/ou tableta.
O único requisito para poder asistir a estas actividades gratuítas é solicitar praza na localidade de interese, ben directamente na aula CeMIT de cada concello, ou a través da web http://cemit.xunta.gal [3] *.
Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020
Orange vén de incorporarse ao colectivo de máis de 700 aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 [4], impulsado pola Amtega, ao que se poden sumar aquelas empresas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de recursos financeiros, humanos ou, como neste caso, de coñecemento.
O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
*Calendario de actividades
|
Outubro |
|
|
|
02/10/2017 |
RIBADEO |
Lugo |
|
03/10/2017 |
ABEGONDO |
Coruña, A |
|
04/10/2017 |
SANTA COMBA |
Coruña, A |
|
05/10/2017 |
PONTEDEUME |
Coruña, A |
|
06/10/2017 |
OROSO |
Coruña, A |
|
09/10/2017 |
MARÍN |
Pontevedra |
|
10/10/2017 |
TOMIÑO |
Pontevedra |
|
11/10/2017 |
VALGA |
Pontevedra |
|
16/10/2017 |
ORTIGUEIRA |
Coruña, A |
|
17/10/2017 |
BEARÍZ |
Ourense |
|
18/10/2017 |
LEIRO |
Ourense |
|
19/10/2017 |
SARREAUS |
Ourense |
|
20/10/2017 |
CELANOVA |
Ourense |
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7522.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://cemit.xunta.gal/
[4] http://faitedixital.xunta.gal/sites/default/files/documentos/Plan_Inclusion_Dixital_Galicia.pdf