
No blogue de Google [3] presentan hoxe un sistema que, creado no ano 2010 no Centro de Tecnoloxía Sanitaria de Halland (Suecia), pode axudar a quen padece demencia.
Trátase do proxecto BikeAround [4], desenvolvido a partir de imaxes de Google Street View, no que os pacientes pedalean nunha bicicleta estática mentres ven ante os seus ollos proxeccións de lugares que foron clave na súa vida, lembrando así momentos e sensacións vividas.
Para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer nada mellor que falar dunha das ideas que poden axudar a combatelo, e ese foi o obxectivo dese artigo, no que comentan algúns detalles deste invento de Anne-Christine Hertz, directora do Centro de Tecnoloxía Sanitaria de Halland.
No texto falan da experiencia dunha das pacientes do seu centro. Con BikeAround permitiron que andase na bicicleta estática mentres gozaba de proxeccións nunha pantalla de imaxes de Google Street View, neste caso por paseo pola cidade na que vivía e á igrexa onde contraeu matrimonio. Querían atopar un mecanismo para motivar ás persoas de idade avanzada a realizar máis exercicio físico de forma máis segura, e a plataforma de Google axudou bastante.
Non é unha cura, pero si unha forma de xerar felicidade, algo pouco presente en quen padece este tipo de problemas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7498.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://espana.googleblog.com/2017/09/un-paseo-para-recordar-con-street-view.html
[4] http://www.camanio.com/us/products/jdome/