
Son miles e miles as persoas que sofren dalgún tipo de discapacidade motriz desde moi mozos. En Estados Unidos, o Instituto Nacional de Saúde ideou un exoesqueleto para nenos con este padecemento que lles permite volver camiñar.
Trátase dun dispositivo robótico pensado para nenos con parálise cerebral con problemas para controlar as súas pernas, especificamente para os que padecen unha complicación que lles impide usar normalmente os seus xeonllos. O exoesqueleto permítelles camiñar sen necesidade de muletas ou un andador, mellorando así a súa calidade de vida.
Realizáronse múltiples probas para ver como se adaptaban estes dispositivos aos nenos, só se detectou un deles que na segunda proba tivo éxito
Estes dispositivos tecnolóxicos son liviáns e colócanse en zonas claves das pernas dos nenos. Ademais, detectan canta axuda necesitan segundo a debilidade muscular que presentan.
No estudo e as probas médicas participaron sete persoas de entre 5 e 19 anos con diversos niveis de discapacidade motora. Todos os participantes lograron camiñar sen axuda grazas ao exoesqueleto robótico. O peso do dispositivo sumado ao das pernas do mozo vai de 2,7 a 4,5 quilos, segundo a estatura do menor.
Seis dos nenos e adolescentes conseguiron dominar o exoesqueleto robótico na primeira sesión de probas, mentres que o sétimo pequeno requiriu algo máis de práctica. Os participantes non só lograron camiñar sen axuda, senón que tamén mostraron melloras significativas na súa postura corporal.
Dous de cada mil nenos nacen ou desenvolven algún tipo de parálise cerebral antes de cumprir os 3 anos e a gran maioría deles presenta problemas para camiñar. A metade destes mozos termina nunha cadeira de rodas ao chegar á idade adulta, algo que se podería previr cunha intervención temperá e a axuda de tecnoloxía robótica.
O exoesqueleto robótico marcará un antes e un despois na vida de millóns de nenos con parálise cerebral ao entregarlles a capacidade de moverse de maneira máis libre, permitíndolles así unha infancia máis plena.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7494.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()