
Cecap Joven presentou este mércores a app ‘Moviliza-t’, unha ferramenta de innovación social, a primeira deste tipo en Europa [3], que permite a través do ordenador ou de dispositivos móbiles conectar a oferta de voluntariado [4] das entidades sociais e tamén a existente a nivel europeo e internacional con todas aquelas persoas interesadas en tomar parte en calquera destas accións.
Un proxecto que se xestou durante os últimos tres anos e que impulsou Cecap Joven, a entidade prestadora de servizos á xuventude do Grupo Cecap, co apoio e financiamento da "Consejería de Bienestar Social" e da Universidade de Castela-A Mancha [5] a través da Cátedra Santander de Responsabilidade Social, segundo informou en nota de prensa a confederación.
Trátase dunha ferramenta para fomentar a participación activa da sociedade en accións de voluntariado, que promove o traballo en rede das entidades de voluntariado da rexión e que, ademáis, permitirá un seguemento e evaluación das prácticas realizadas, así como obter unha certificación das competencias e aprendizaxes obtidas polo voluntario.
Esta app, que pode consultarse a través do ordenador — www.movilizat.org [6] — ou descargarse para ser utilizada en dispositivos móbiles, permite ao usuario mediante un mapa coñecer que ofertas de voluntariado están activas na súa zona de residencia ou interese, ou ben consultar a relación de ofertas de cada unha das entidades, así como as accións do Servizo de Voluntariado Europeo [7] (SVE), intercambios xuvenís e outros proxectos de carácter europeo ou internacional.
No caso de inscribirse nalgunha delas, a entidade recibirá de maneira inmediata a dita solicitude, debendo contestar ao voluntario nun prazo máximo de seis días. Ao finalizar a acción de voluntariado, a entidade estará obligada a acreditar as competencias e aprendizaxes recibidas.
Na fase actual do proxecto ‘Moviliza-t’, de implementación e desenvolvemento, son oito as entidades que poden colgar as súas ofertas de voluntariado: Cecap e a propia Universidade de Castela-A Mancha, así como Cáritas, a Asociación Talaverana de Amigos [8], Familiares e Persoas con Enfermidade Mental en Talavera de la Reina [9] (Atafes), a Asociación Comisión Católica Española de Migración [10] (ACCEM), Cruz Vermella [11], Asociación socio-educativa Llere e Proxecto Kieu.
A app foi presentada nun acto celebrado no Edificio Sabatini do campus da Fábrica de Armas, que foi presidido polo presidente do Grupo Cecap, Andrés Martínez [12]; o director da Cátedra Santander da Universidade de Castela-A Mancha, Pedro Estévez; a coordinadora da Plataforma de Voluntariado da Universidade rexional, Sonia Morales [13]; e o responsable do Servizo Voluntario [14] Europeo na "Consejería de Educación, Cultura y Deporte", Francisco Lucena.
Durante as exposicións interviron tamén a directora do Departamento de Xuventude e Voluntariado do CECAP [15], Rocío Gómez [16], que xestionou o proxecto; así como Luis Andrés Puertas [17] e Pablo Morcillo, da empresa ImediaComunicación, encargada do deseño e implementación da app.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7478.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.lacerca.com/etiquetas/1/europa
[4] http://www.lacerca.com/etiquetas/1/voluntariado
[5] http://www.lacerca.com/etiquetas/1/universidad%20de%20castilla-la%20mancha
[6] http://www.movilizat.org
[7] http://www.lacerca.com/etiquetas/1/servicio%20de%20voluntariado%20europeo
[8] http://www.lacerca.com/etiquetas/1/asociaci%C3%B3n%20talaverana%20de%20amigos
[9] http://www.lacerca.com/etiquetas/1/talavera%20de%20la%20reina
[10] http://www.lacerca.com/etiquetas/1/asociaci%C3%B3n%20comisi%C3%B3n%20cat%C3%B3lica%20espa%C3%B1ola%20de%20migraci%C3%B3n
[11] http://www.lacerca.com/etiquetas/1/cruz%20roja
[12] http://www.lacerca.com/etiquetas/1/andr%C3%A9s%20mart%C3%ADnez
[13] http://www.lacerca.com/etiquetas/1/sonia%20morales
[14] http://www.lacerca.com/etiquetas/1/servicio%20voluntario
[15] http://www.lacerca.com/etiquetas/1/departamento%20de%20juventud%20y%20voluntariado%20de%20cecap
[16] http://www.lacerca.com/etiquetas/1/roc%C3%ADo%20g%C3%B3mez
[17] http://www.lacerca.com/etiquetas/1/luis%20andr%C3%A9s%20puertas