
Este oitavo Congreso Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade contará cunha zona expositiva, na que empresas, fabricantes e innovadores poderán mostrar as súas solucións de tecnoloxía accesible aos asistentes.
Estas solucións, que deberán estar xa construídas, aínda que non é necesario que se estean comercializando, estarán a disposición dos visitantes, que poderán probar e ver en acción estas novas tecnoloxías, que se centrarán en áreas como a robótica, a domótica, a impresión 3D, a realidade virtual e o Internet das Cousas (IOT).
Así mesmo, durante o Congreso haberá un Speaker's Corner, un escenario no que profesionais e entidades poderán presentar solucións baseadas nas TIC e que contribúan á transformación dixital accesible da sociedade.
Todas as persoas e entidades que queiran participar nestes espazos do congreso, poderán presentar as súas candidaturas ata o próximo 20 de setembro a través da web do CENTAC [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7423.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.centac.es/es/8congreso/participa