
A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela é unha entidade sen ánimo de lucro creada en decembro de 2000 por familiares e persoas con dano cerebral adquirido (DCA) e que desenvolve o seu labor fundamentalmente nos concellos que configuran a área sanitaria de Santiago.
Ademais, non só atendemos a persoas con DCA, senón tamén ás súas familias. Por esta razón, creamos un programa de “Atención a Familias”, onde ofrecemos apoio e actividades para mellorar o seu día a día.
Unha destas actividades é “Acceder ás novas tecnoloxías”. Os contidos son resultado de suxestións, peticións e necesidades das propias familias. Estes son:
Esta actividade tería lugar no centro da propia entidade, os luns, de 10:00 a 11:30 da mañá. O grupo estaría formado aproximadamente por 6 familiares (cunha media de 60 anos de idade), e tamén habería outra persoa (familiar) para levar a cabo a actividade.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/7395