A aula CeMIT de Marín precisa da colaboración dunha persoa voluntaria para a realización dun curso de iniciación á Informática enfocado a cubrir as necesidades educativas especiais dos alumnos do colexio de Ed. Especial Juan XXIII con idades comprendidas entre os 30 e os 40 anos. O curso estruturarase en varias sesións (mínimo 10) dunha hora ou hora e media de duración un día á semana.Tanto os horarios como as datas están suxeitas a dispoñibilidade do voluntario/a. Os contidos a tratar serían o manexo das redes sociais, o uso seguro de Internet e unha pequena aproximación ao uso dos smartphones.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/7308