
O 8º Congreso Nacional CENTAC de Tecnoloxías da Accesibilidade celebrarase os días 6 e 7 de novembro no edificio Museo Casa da Moeda de Madrid, segundo anunciou o propio Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade [3], e farao nesta edición baixo o lema ‘Protagonistas da Transformación Dixital Accesible'.
O rexistro para para participar no Congreso é gratuíto. Ademais, a organización espera incorporar novas empresas á súa zona expositiva e busca solucións baseadas en TIC que contribúan á transformación dixital da sociedade incidindo de maneira directa na mellora da calidade de vida das persoas, para que se presenten na zona de speaker's ‘corner' que incluirá o evento. Persoas emprendedoras e empresas que queiran presentar as súas candidaturas poden facelo ata o 20 de setembro a través de formulario online.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7271.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.centac.es/es