
Un proxecto que reinventa xogos para persoas con discapacidade desenvolvido polo programa 'Breakers' da Fundación Orange, foi premiado no reto internacional 'Imake4mycity', un certame que achega aos mozos á innovación dixital para crear solucións dixitais para as cidades do futuro, segundo informa a fundación.
Baixo o lema ' Diversidade e igualdade no deporte e o xogo' o proxecto gañador adaptou, entre outros, un kaiak a persoas con discapacidade física en Castelldefels ou o xogo da ra nunha versión 2.0 en Madrid. Tamén transformou un parque nun espazo accesible ás persoas maiores en Valencia.
A competición recolle creacións dixitais deseñadas e creadas polos mozos que traballan nos laboratorios de fabricación (FabLabs) e seleccionou a 17 finalistas de sete países que propoñían unha solución para realizar deporte en calquera lugar para persoas con discapacidade.
Outra proposta da Fundación Orange levada a cabo polos Ateneos de Fabricación de Barcelona estivo entre os 17 finalistas. Trátase dun kit de materiais para facilitar o xogo da Boccia ás persoas con discapacidade motora que elaboraron un grupo de mozos con Síndrome de Asperger. Ademais este grupo elaborou unha alfombra sonora para favorecer o desenvolvemento psicomotor dos nenos e unha serie de obxectos táctiles para contar contos con formas e texturas que desenvolven a motricidade e a estimulación sensorial.
'Breakers' está dirixido a mozos en situación vulnerable, combina a aprendizaxe de habilidades técnicas de deseño con outras competencias sociais como o traballo en equipo ou a mellora da comunicación, conxugando a innovación dixital, unha metodoloxía que fai uso da fabricación dixital e un compenente social, pois os mozos proveñen de colectivos con dificultades.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/imake4mycity_2.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()