
A aula CeMIT de Carballedo está traballando na iniciativa de Innovación Social Dixital (CeMIT-Innova 2017) "MiraTiCarballedo" onde se pretende ver o rural como unha oportunidade de crecemento económico e poñer en valor o traballo dos homes e mulleres que apostaron e apostan por este medio, aproveitando e utilizando ferramentas tecnolóxicas que lles resulten útiles. Por este motivo solicitamos colaboración e apoio para a preparación e realización dunha xornada presencial sobre as APPs para o sector agrario, por exemplo medición de fincas, cultivos... O desenvolvemento destas xornadas está previsto para finais de setembro ou no mes outubro, segundo a dispoñibilidade da persoa voluntaria, preferiblemente en horario de mañá a partir das 11 horas, cunha duración aproximada de 2 horas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/7173