
O Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre ten como meta o fomento e o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, incrementando o coñecemento que estes teñan sobre este tipo de tecnoloxías e en consecuencia abríndolles as portas a novas posibilidades de emprego de calidade relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación.
Pode optar a este premio calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado Universitario, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do actual curso académico 2016/2017 que cumpra cos criterios definidos nas bases do premio [2].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/actividades/img_actividade_7128_0.png
[2] https://www.mancomun.gal/premiopfc/bases/
[3] https://www.mancomun.gal/premiopfc/presentacion/