
A Comisión Europea [3] lanzou o novo Premio Horizonte Pantalla Táctil [4] polo que reta a emprendedores e innovadores a desenvolver unha pantalla táctil totalmente accesible que permita navegar por Internet e gozar de toda a información dispoñible na rede, tanto texto como gráficos, ás persoas cegas e con discapacidade visual. O desenvolvemento gañador recibirá un premio de 3 millóns de euros.
A solución gañadora debe transmitir información dixital en braille e ilustrar gráficos, mapas e información espacial mediante o tacto. Máis aló do seu papel de inclusión social, este dispositivo tería un papel importante no apoio á alfabetización entre os estudantes cegos, e axudaría a abordar algúns dos desafíos ao redor da empregabilidade das persoas con discapacidade visual.
O concurso está dirixido a todas as persoas e entidades da Unión Europea ou dun país asociado ao programa Horizonte 2020 e o prazo para presentar candidaturas estará aberto ata o 27 de novembro de 2018 a través do portal para participantes [4].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7091.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://ec.europa.eu/info/index_es
[4] http://ec.europa.eu/research/horizonprize/index.cfm%3fprize%3dtactiledisplay