Bueu,
12/06/17 (09:01)
O Festival Internacional de Curtometraxes de Bueu volve ofertar este ano diversas prazas de voluntariado para as persoas que queiran apoiar a organización e do desenvolvemento da décima edición de FICBUEU. Os voluntarios terán a oportunidade de cooperar cun equipo profesional e vivir en evento desde dentro, aprendendo da experiencia nun interesante ambiente de traballo.
Os voluntarios poderán participar en tarefas técnicas, como a propia proxección de curtametraxes e en variadas cuestións loxísticas, desde a produción previa ata a atención en sala.
Accede á noticia completa
Tema: Xeral
Fonte:
Faro de Vigo