
Facebook puxo en marcha os seus mapas de desastre [3] a través dos que ofrecerá datos de actividade a organizacións de emerxencia e humanitarias para facilitar o seu traballo en lugares onde se produciu unha catástrofe natural.
Esta información permitirá ás organizacións humanitarias destinar os recursos alí onde realmente se necesitan así como tomar outras iniciativas que permitan salvar o máximo de vidas posibles. Esta rede social estivo traballando xunto con UNICEF, a Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, o Programa Mundial de Alimentos e outras organizacións para desenvolver esta iniciativa con todas as garantías para ser útil en situacións críticas.
Nesta primeira etapa os mapas só poderán ser usados polas organizacións que colaboraron na súa implementación, aínda que Facebook quere expandilo a outras organizacións e mesmo gobernos.
Tipos de mapa
Densidade, mostra onde se sitúan as persoas antes, durante e despois do desastre natural. Esta información poderá ser comparada con outros datos históricos, como estimacións de poboación baseadas en imaxes de satélite, para servir de apoio aos colectivos humanitarios e de emerxencias á hora de entender que áreas se viron máis afectadas pola catástrofe.
Movemento, recolle os patróns de desprazamento entre barrios e cidades durante un determinado período de varias horas. Grazas a estes datos, as organizacións poderán identificar mellor onde serán necesarios máis recursos, definir mellor as rutas de evacuación ou predicir onde haberá maiores problemas de tráfico.
E o coñecido ‘Safety Check [4]‘, a través da que os usuarios que se atopan na zona afectada poden informar os seus contactos que están ben. Grazas a este servizo, a rede social poderá delimitar en que zonas hai máis ou menos persoas a salvo, o que servirá aos colectivos para localizar os lugares onde se necesita máis axuda.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7049.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://newsroom.fb.com/news/2017/06/using-data-to-help-communities-recover-and-rebuild/
[4] https://www.facebook.com/about/safetycheck/