
Cruz Vermella Española convocou, por segundo ano consecutivo, os Premios á innovación tecnolóxica aplicada a fins humanitarios, cuxo obxectivo é crear aplicacións móbiles que poidan servirlle á organización na súa atención aos colectivos máis vulnerables.
En concreto, Cruz Vermella outorga tres premios, dotados de 4.000 euros cada un, baixo tres categorías: 'Infancia', 'Voluntariado' e 'Aplicación Protexendo Vidas'.
No primeiro caso, as aplicacións deben de contribuír á mellora de vida de nenos, nenas e novas, "acompañándoos no desenvolvemento de habilidades sociais, dando resposta ás súas inquietudes e favorecendo que eles e elas sexan protagonistas do seu propio crecemento persoal", explica a entidade.
No caso do 'Voluntariado', as aplicacións deben de ir encamiñadas a axudar na promoción e a captación de persoas voluntarias. E, na última categoría, premiarase ás ideas que axuden á prevención de accidentes e incrementen a seguridade en situacións de emerxencia, especialmente, no medio acuático e a súa contorna.
Poderán presentarse aos premios as persoas físicas ou xurídicas, tanto de forma individual como en equipo que presenten traballos relacionados coas tres categorías ofertadas. O prazo para a presentación de proxectos finaliza o 30 de setembro. Toda a información da convocatoria está recollida na web http://www.cruzroja.es/principal/web/premios-tic [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6960.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.cruzroja.es/principal/web/premios-tic