
Durante o pasado 4 de maio celebrouse unha reunión presencial con algúns dos membros do Deployment Site (DS) en Galicia, na que se puxeron en común as tarefas nas que cada socio está involucrado e a súa aplicación no piloto.
Cada representante do DS que participa de forma máis activa en cada WP (Work Package), presentou un resumo das actividades que está a levar a cabo cada paquete de traballo e as actividades previstas a curto prazo.
A Fundación Vodafone España participa no piloto que levará a cabo en Galicia, xunto con TELEVES, Cruz Vermella Española e SERGAS (Servizo Galego de Saúde), cuxo obxectivo é validar os servizos universais de atención sociosanitaria para persoas maiores, reducindo a exclusión social e o cambio de estruturas e actitudes sociais.
O proxecto ACTIVAGE [3] está financiado no marco do programa Horizonte 2020 da Comisión Europea e é coordinado pola empresa Medtronic [4]. Esta iniciativa que durará catro anos, conta con 50 socios, implicando a uns 7.200 usuarios e máis de 43.000 dispositivos da internet of Things (IoT).
A actividade do proxecto pode seguirse nas seguintes ligazóns:
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6925.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.fundacionvodafone.es/proyecto/proyecto-activage
[4] http://www.medtronic.com/
[5] https://www.facebook.com/ACTIVAGEproject
[6] http://www.activageproject.eu/