
Segundo informa Javier Martínez, coordinador de Desktop, “grazas á implicación das persoas que están a traballar nos distintos países logramos superar os resultados esperados, chegando a máis persoas das previstas, e agora estamos a terminar de elaborar o Manual que servirá para abrir o proxecto a outros profesionais e institucións que tamén queiran usar esta ferramenta”.
Nestes momentos no proxecto participaron 84 profesionais que traballan con persoas con discapacidade e que crearon 627 apoios diferentes para necesidades moi diversas do día a día, e que poden resultar moi complexas de executar para algunhas destas persoas, como cociñar, vestirse, aprender as letras do abecedario e os números, secarse o pelo cun secador, contar o diñeiro, escoitar unha conferencia, aprender a tocar un instrumento ou facer unha táboa de exercicios.
Todos os responsables de Desktop reunidos en Barcelona coinciden en sinalar que tras a súa experiencia neste proxecto valoran moi positivo e beneficioso facilitar o acceso das persoas con discapacidade intelectual ás tecnoloxías dixitais, xa que non só permite crear apoios personalizados para as súas necesidades, coa posibilidade de que os propios usuarios participen no seu deseño, senón que ademais aumenta a súa autonomía e independencia e mellora as súas capacidades comunicativas.
O proxecto Desktop (Disabled Enhance their Skills Through Online Platforms), está a desenvolverse en oito países e está financiado pola Comisión Europea a través de Erasmus+.
Participan as seguintes nove organizacións de oito países diferentes: Fundación Juan Ciudad (España), Fundación Vodafone España (España), Hospitality Europa (Bélxica), Instituto das Irmas Hospitaleiras do Sacro Coraçao de Jesus (Portugal), Association Benoit Menni (Francia), SJOG Community Services Limited (Irlanda), Johannes Von Gott-Pflegezentrum (Alemaña), Barmherzigue Brüder gGmbH (Austria), Bonifraterska Fundacja Dobroczynna (Polonia).
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6800.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()