
Como un xeito de fomentar as vocacións científicas entre os máis novos celebráronse un par de encontros da FIRST LEGO League Galicia [3] na que se xuntaron estudantes de primaria e secundaria con interese nas TIC e ganas de traballar en equipo para presentar un proxecto científico.
A FIRST LEGO League Galicia está organizada dende a Universidade da Coruña, e ao igual que en 2016 recalou na Facultade de Informática da Coruña, a edición de 2017, que terá lugar o vindeiro día 18, trasladouse até Ferrol, onde desenvolverase o torneo clasificatorio que facilitará o acceso á grande final da FIRST LEGO League España. O campionato está dividido en dúas grandes categorías por idade: a FIRST LEGO League Jr., para cativos de entre 6 e 9 anos, que non será competitiva; e a FIRST LEGO League ordinaria, na que participarán cativos de entre 10 e 16 anos acompañados por un adestrador. Esta última consta con proba de robótica, un proxecto científico e a demostración do desenvolvemento de valores como a cooperación, a valoración do traballo ben feito, o respecto do traballo dos demais...
Nos vindeiros días renovarán a páxina web do evento para incluír información sobre como participar nesta cita imprescindible para os interesados na tecnoloxía LEGO Mindstorms [4] ou na introdución dos máis novos ao mundo da robótica.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6672.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.udc.gal/fll
[4] https://www.lego.com/es-es/mindstorms