
A Federación Autismo Madrid, en activo desde 1998, e a Universidade Autónoma de Madrid (UAM), observaron nos últimos anos un crecente aumento do interese cara ás Tecnoloxias da Información e Comunicacion, enfocadas á mellora da calidade de vida das persoas diagnosticadas dentro dos Trastornos do Espectro do Autismo (TEA).
Estas ferramentas son útiles ao longo de toda a vida da persoa con TEA facilitando moito o seu desenvolvemento persoal. Ademais, o seu uso tamén está enfocado a profesionais e familias, implicando desta maneira a todos os actores involucrados na intervención e vida destas persoas.
Doutra banda, detéctase un alto grao de descoñecemento por parte de familias e profesionais interesados nas TIC, debido ao gran número de aplicacións existentes no mercado, o descoñecemento no seu uso inicial e execución das mesmas.
Por iso considerouse de gran interese e utilidade ofrecer desde Autismo Madrid e a UAM un espazo aberto, próximo e prioritariamente práctico onde resolver todas estas cuestións.
A este espazo bautizóuselle como TrasTEA e celebrarase hoxe día 9 e mañá 10 de febreiro na Sala Polivalente do Edificio Praza Maior da UAM (Campus de Cantoblanco).
A inauguración estará presidida por Jorge Jiménez de Cisneros, Director Xeral de Atención a Persoas con Discapacidade da Comunidad de Madrid, José M. Sanz, Reitor da Universidade Autónoma de Madrid, Margarita Alfaro Amieiro, Vicerreitora de Cooperación e Extensión Universitaria e o presidente da Federación Autismo Madrid, Manuel Nevado Ojeda.
Apertura de portas e recollida de acreditacións: Hoxe 9 de febreiro ás 15:30 horas e Inauguración tamén hoxe, 9 de febreiro ás 16:00 horas.
Vídeo promocional de TrasTEA 2017 en YouTube [3].
Máis información e programa completo de actividades e charlas na Web Oficial dos Congresos UAM [4].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6663.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.youtube.com/watch%3fv%3dSJAfiL9Qz1I
[4] http://congresos.fuam.es/fuamcongresos/feria-tecnologia-y-autismo-trastea-2017-/prog_academico