
O pasado mes de xuño o espazo de coworking Sende en Lobeira (Ourense) acolleu o primeiro Hackathon For Refugees [3] organizado por Impact Hub Vigo e Espazo Arroelo para achegar ideas de impacto que dean resposta ás necesidades dos refuxiados e das organizacións que os axudan. Os proxectos [4] nos que traballaron na primeira edición estaban Game for Change (unha plataforma tipo chat para conectar refuxiados con voluntarios, establecendo vencellos a través de xogos colaborativos), GPS Barcos (un sistema de xeolocalización baseado en dispositivos móbiles para monitorizar o seguimento de barcos) e Apoyo a Red Alert (un protocolo de coordinación de voluntarios).
En vista do éxito da primeira edición os seus organizadores preparan unha segunda, polo que convocan para os días 4 e 5 de marzo na sede do Impact Hub Vigo (na rúa Policarpo Sanz 21, 2ª), onde preténdese construír un ambiente de debate e intercambio de ideas no que crear sinerxías que permitan desenvolver solucións prácticas a problemas reais. A inscrición [5] ao Hackthon for refugees está aberta a través de Ticketea e pretende congregar a programadores informáticos, activistas, xornalistas, creativos, avogados, estudantes, voluntarios e profesionais de ONG no desenvolvemento de solucións a favor dos refuxiados.
Quen desexe máis información sobre este encontro de participación altruísta pode visitar a súa páxina web oficial [6], na que detallan a iniciativa que ten marcado como obxectivo xuntar a 50 desenvolvedores para levar a bo porto 8 proxectos.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6627.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://codigocero.com/Activistas-TIC-da-nosa-terra-xuntan-forzas-en-Lobeira-a-prol-dos-refuxiados
[4] https://blog.sende.co/d%C3%ADa-1-hackathon-para-refugiados-d8841438bbd0#.wdbaqhu74
[5] https://www.ticketea.com/entradas-hackathon-for-refugees2/
[6] http://www.refu.gal/