A biblioteca Ánxel Casal precisa unha persoa voluntaria para a realizacion do apoio "Iniciación ao retoque de fotografía dixital con Gimp". A duración do curso estímase nunhas 10 horas repartidas en varias sesións de 2 horas de duración. O horario é de 18.30 a 20.30 horas. O curso ten como obxectivos a formación dos usuarios no eido das novas tecnoloxías e proporcionar aos participantes os coñecementos e as prácticas necesarias para a manipulación de imaxes digitais, a través do uso do programa de software libre Gimp. Aprenderán a editar e retocar fotografías, crear fotomontaxes e aplicar efectos. Este obradoiro ten un carácter eminentemente práctico de cara á súa aplicación e aproveitamento na vida cotiá.
Tanto os horarios como as datas de realización do apoio están suxeitos a modificacións en función da dispoñibilidade do voluntario/a.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/6613