
O Instituto Galego de Consumo vai organizar o vindeiro 6 de febreiro, en horario de 11:00 a 12:00 horas, unha charla sobre telefonía móbil [3], de carácter informativo, incidindo nos dereitos dos consumidores neste eido. A actividade insírese no programa de divulgación aos consumidores desenvolvido polos técnicos da dita entidade a través de videoconferencias: dende a sede da Escola cara ás diferentes aulas CeMIT que queiran participar. Entre os obxectivos concretos da charla do día 6 están os de asesorar e informar os cidadáns para que defendan os seus dereitos como consumidores desde o momento que adquiren un terminal móbil ou contratan un servizo. Falarase dos principais conceptos que hai que ter en conta na contratación coas compañías de telefonía móbil: tipos de tarifas, permanencia, itinerancia, etc.
Máis en detalle aínda, trataranse tamén temas como as irregularidades na facturación ou no fornecemento de servizos, ou diversos incumprimentos do contrato (roaming, SMS Premium, subscrición a chamadas non solicitadas, modificacións contractuais, etc). Tamén se avaliarán as principais reclamacións en materia de telefonía móbil e como realizar un uso responsable desde o punto de vista do consumo. As persoas interesadas poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación): Bande [4], Beariz [5], Betanzos [6], Boiro [7], Brión [8], Carballedo [9], Celanova [10], Fisterra [11], Leiro [12], Marín [13], Ortigueira [14], Pontedeume [15], Pontevedra [16], Santa Comba [17],Valga [18], Vilagarcía de Arousa [19] e Vilanova de Arousa [20].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6574.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://cemit.xunta.gal/node/6794
[4] https://cemit.xunta.gal/actividade/19795
[5] http://cemit.xunta.gal/actividade/19810
[6] http://cemit.xunta.gal/actividade/19872
[7] http://cemit.xunta.gal/actividade/19796
[8] http://cemit.xunta.gal/actividade/19811
[9] http://cemit.xunta.gal/actividade/19797
[10] http://cemit.xunta.gal/actividade/19873
[11] http://cemit.xunta.gal/actividade/19874
[12] http://cemit.xunta.gal/actividade/19798
[13] http://cemit.xunta.gal/actividade/19799
[14] http://cemit.xunta.gal/actividade/19800
[15] http://cemit.xunta.gal/actividade/19801
[16] http://cemit.xunta.gal/actividade/19802
[17] http://cemit.xunta.gal/actividade/19803
[18] http://cemit.xunta.gal/actividade/19804
[19] http://cemit.xunta.gal/actividade/19805
[20] http://cemit.xunta.gal/actividade/19806