
Ability Connect [3], así se chama a nova aplicación gratuíta adaptada ás necesidades de persoas xordas e persoas con baixa visión ou dislexia deseñada polo investigador José María Fernández, do Centro de Apoio ao Estudante da Universidade de Alacante (UA), coa colaboración do estudante do Máster Universitario en Desenvolvemento de Software para Dispositivos Móbiles da UA, José Carlos Alfaro, e o apoio da Fundación Vodafone España [4].
Co obxecto de proporcionar oportunidades de aprendizaxe inclusivas e eficaces para todo o alumnado, esta nova ferramenta permite a comunicación en tempo real de varios dispositivos por bluetooth, aínda que tamén se pode utilizar mediante wifi ou datos móbiles. Así, mentres un voluntario toma apuntamentos nun iPad do que sucede na pizarra ou o que di o profesor ou profesora, o estudante con discapacidade pode seguir no seu dispositivo o contido que está a introducir o seu compañeiro así como arquivalo, modificalo e consultalo a posteriori.
Deseñada para dispositivos móbiles con sistema operativo iOS de Apple, a app tamén pode ser utilizada para a tradución de idiomas e para realizar subtitulado en eventos.
Características avanzadas de visualización
A ferramenta conta con características avanzadas de visualización de contido para adaptarse ás necesidades de varios colectivos de persoas con discapacidade. En concreto, é o seu modo de visualización estándar, o usuario pode configurar a cor do fondo e do texto para mellorar o contraste, e seleccionar o tamaño e o tipo de fonte para aumentar a lexibilidade do contido.
Doutra banda, nunha opción máis avanzada, pódese seleccionar un modo de visualización ‘palabra a palabra' no cal irán aparecendo na pantalla o texto recibido palabra a palabra, podéndose configurar a velocidade de aparición das mesmas, a cor de fondo e do texto e tipo de fonte. Ademais, en calquera instante, o usuario pode retroceder, pausar e avanzar polo contido manualmente.
O modo de visualización avanzada está pensado especialmente para persoas con baixa visión evitando que teñan que ampliar a interface e para persoas con problemas de lectoescritura, como poden ser persoas con dislexia, para salvar confusións derivadas da disposición das palabras no texto.
A app Ability Connect, dispoñible para a súa descarga de forma gratuíta na Apple Store [5], foi desenvolvida en dentro dunha colaboración en materia de innovación en tecnoloxías accesibles para mellorar a integración das persoas con discapacidade da Fundación Vodafone España.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6572.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://web.ua.es/es/accesibilidad/tic-accesibles/ability-connect.html
[4] http://www.fundacionvodafone.es/proyecto/ua-accesibilidad-desarrollo-y-promocion-de-las-tecnologias-de-la-informacion
[5] https://itunes.apple.com/es/app/ability-connect/id1172750148%3fmt%3d8