
Ante a crenza popular de que as persoas nacidas a partires da década dos 90 criáronse rodeadas de tecnoloxía como os ordenadores e os dispositivos móbiles dominan o uso das TIC non son poucos os que chegan a definilos como nativos dixitais para trazar unha fenda xeracional que consideran insuperable, por entender de que os coñecementos sobre a tecnoloxía dos máis novos nunca poden verse superados polos dos seus proxenitores e educadores, que chegan a entender que os rapaces nacen aprendidos, e non precisan que ninguén os forme axeitadamente en materias tecnolóxicas, o que claramente é unha falacia, e como tal Susana Lluna e Javier Pedreira Wicho decidiron xuntar a varios expertos e divulgadores para escribir un libro colaborativo co obxectivo desbotar o concepto de nativo dixital [3] e así instar a acompañar aos máis novos na súa formación en tecnoloxías da información e a comunicación.
Os autores do libro, que hoxe mesmo chegou ás librarías españolas [4], sosteñen que as novas xeracións carecen de coñecementos, habilidades ou intereses especiais que os doten de certa superioridade no ámbito tecnolóxico, e na meirande parte dos casos podemos sorprendernos polo seu grao de descoñecemento máis aló de Instagram, Snapchat, YouTube ou o software para descargar contidos audiovisuais, non sendo raro atopar a moitos zoupóns coas TIC, xa que careceron da debida formación, de xeito que en vez de nativos dixitais, o máis correcto sería chamalos orfos dixitais.
Para abordar esta temática os colaboradores da obra (que publícase baixo licenza Creative Commons e doará os seus beneficios por dereitos de autor ao proxecto Mak3rs de Ayuda en Acción [5]) achegan perspectivas moi diferentes, repartidas en dous grandes enfoques: o libro comeza explicando algúns conceptos básicos sobre o mundo que nos tocou vivir, e remata dando voz aos supostos nativos dixitais e a quen se encarga da súa formación nun sistema educativo que non sempre está preparado para tal desafío.
Os diferentes capítulos permiten que coñezamos máis afondo o que normalmente chamamos novas tecnoloxías (pese a non ser tan novas), desmontar a mentira da adicción á Internet, sexamos conscientes da importancia de estar presentes nas redes sociais ou incluso ter unha visión clara dos dereitos e deberes dos mozos na era dixital.
Este interesante e moi recomendable texto conta cunha grande participación galega, e así está coordinado polo mencionado Wicho [6], prologado por Enrique Dans [7] e cun interesante capítulo sobre accesibilidade de Fátima García Doval [8], e precisamente a forte presenza galega nas páxinas de Los nativos digitales no existen [9] levará a que o libro se presente en dúas ocasións diferentes na nosa terra: o 10 de febreiro no Airas Nunes de Santiago de Compostela e o 24 de febreiro no museo da Domus (A Coruña).
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6533.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://codigocero.com/Un-libro-colaborativo-persegue-desbotar-o-concepto-de-nativos-dixitais
[4] https://www.amazon.es/gp/product/8423426599/
[5] http://www.makersenaccion.org/
[6] https://twitter.com/wicho
[7] https://twitter.com/edans
[8] https://twitter.com/mininacheshire
[9] http://nativosdigitales.com/