
Este proxecto europeo está financiado no marco do programa Horizonte 2020 e coordinado pola empresa Medtronic [3]. Esta iniciativa que durará catro anos, conta con 50 socios, implicando a uns 7.200 usuarios e máis de 43.000 dispositivos da internet of Things (IoT).
O seu obxectivo é mellorar o empoderamiento dos maiores e aumentar a súa autonomía mediante a prolongación e soporte á vida independente nas súas contornas, ao mesmo tempo que responder ás necesidades de coidadores, provedores de servizos e institucións a través do desenvolvemento de 9 pilotos innovadores en 7 países europeos baseadas en tecnoloxías Internet of Things (IoT). Así, desenvolverase o primeiro ecosistema europeo aberto reutilizando aplicacións existentes que permitan desenvolver servizos para o envellecemento activo e saudable.
A Fundación Vodafone participa no piloto que se levará a cabo en Galicia, xunto con TELEVES, Cruz Vermella Española e o SERGAS (Servizo Galego de Saúde), cuxo obxectivo é validar os servizos universais de atención sociosanitaria para persoas maiores, reducindo a exclusión social e o cambio de estruturas e actitudes sociais. O papel da Fundación Vodafone dentro do piloto no que participan 700 usuarios, será garantir que a solución sexa accesible e cumpra cos Principios de Deseño para Todos e Accesibilidade Universal.
A actividade do proxecto pode seguirse nas seguintes ligazóns:
Twitter: @ACTIVAGEproject, #ACTIVAGEproject
Facebook: https://www.facebook.com/activageproject [4]
Web: activageproject.eu [5]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6531.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.medtronic.com/
[4] https://www.facebook.com/ACTIVAGEproject
[5] http://www.activageproject.eu/