
As persoas con mobilidade reducida poden saber en tempo real a accesibilidade da rede de Metro de Madrid. Unha nova aplicación móbil informará do estado e a localización das escaleiras mecánicas e os ascensores nas estacións do suburbano.
Ademais de información sobre accesibilidade, a App (denominada Metro de Madrid Oficial) tamén ofrece datos actualizados sobre o horario de paso dos próximos trens en todas as plataformas das máis de 300 estacións de Metro.
Segundo explica a empresa pública do suburbano madrileño [3], é a primeira vez que unha aplicación para móbil facilita información en tempo real sobre o estado das instalacións da rede. Isto permite ás persoas con mobilidade reducida, aos pais e nais que vaian con carriños de bebés e a viaxeiros cargados con equipaxe, planificar mellor os seus traslados.
Poderán saber con antelación se o ascensor ou as escaleiras mecánicas de cada estación funcionan correctamente ou se hai algunha incidencia. No caso de que isto último ocorra, a aplicación informará sobre a causa da mesma e o tempo previsto para a súa resolución.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6502.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.metromadrid.es/