
O evento ten por obxectivo amosar aos profesionais galegos as oportunidades que supoñen as novas tendencias tecnolóxicas e modelos de negocio vencellados aos contidos dixitais. O mesmo está dirixido maioritariamente a profesionais dos sectores económicos galegos, creativos e emprendedores.
DICO Summit dividirase en catro actividades complementarias que se desenvolverán ao longo das dúas xornadas:
Para facilitar as últimas novidades sobre o evento, lánzase o sitio web oficial da iniciativa, que pode consultarse no enderezo http://dicosummit.gal [3]; a información está dispoñible en galego, castelán e inglés. Do mesmo xeito, todos os interesados poderán seguir as últimas novidades sobre o evento a través das redes sociais dos organizadores, onde irán aparecendo novas sobre as importantes entidades e profesionais que terán presencia no evento. A inscrición ás actividades abrirase a comezos do novo ano; do mesmo xeito, a web irase actualizando coas intervencións confirmadas.
As entidades interesadas nesta iniciativa, ben sexa como asistentes ou procurando un papel más activo, poden poñerse en contacto coa organización a través do enderezo electrónico info@dicosummit.gal [4]; ademais, todos os interesados poden inscribirse na lista de distribución de novidades [5] para recibir actualizacións no seu correo.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6482.gif
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://gal.us14.list-manage.com/track/click?u=2eff56c64da167c74deb7f831&id=4baec90bab&e=eba8ab7f26
[4] mailto:info@dicosummit.gal?subject=Informaci%C3%B3n%20sobre%20DICO%20Summit
[5] http://gal.us14.list-manage.com/track/click?u=2eff56c64da167c74deb7f831&id=9c1391714a&e=eba8ab7f26