
A Deputación de Lugo vén de abrir o prazo, dende xa e até o 3 de febreiro, para solicitar a nosa participación nos seus cursos LugoWork [3], iniciativa de accións formativas destinada lucenses de menos de 30 horas rexistrados no Sistema de Garantía Xuvenil. LugoWork, que ten abertas as canles de participación a través das webs da Deputación de Lugo [4] e da Escola de Organización Industrial [5](EOI), arrinca con sete accións formativas de balde, dúas das canles teñen relación directa coas novas tecnoloxías da información (vendas en liña e xestión informática e de Internet).
LugoWork, como lembraremos, é o primeiro plan de emprego xuvenil participativo da provincia, impulsado pola entidade que preside Darío Campos tras captar case 2 millóns de euros da Unión Europea a través da EOI. Hai prazas para 105 persoas [6]. Os participantes terán a posibilidade de ser contratados en empresas da provincia durante 6 meses.
Para isto, o organismo provincial asumirá parte dos custos laborais con axudas de 5.000 euros ás entidades contratistas lucenses, que serán seleccionadas nun vindeiro concurso público. As 7 accións formativas, que inclúen preto de 1.600 horas de formación, son: Auxiliar de Vendas Online e Atención ao Público; Axudante de Cociña e Servizo de Restauración; Emprego eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal; Aserrado de madeira; Auxiliar de Xestión Informática e Internet para PEME; Traballos auxiliares en obras de rehabilitación e construción e Operario de obra civil.
Os cursos celebraranse nas zonas centro, norte, sur e montaña lucenses, pois terán lugar en Lugo, Viveiro, A Fonsagrada e Monforte de Lemos.
A Deputación tamén informou que durante este ano fornecerá máis cursos con posibilidade de contratos, ao tempo que arrancará a liña de LugoWork que inclúe formación e axudas de 3.000 euros para que mozos lucenses no paro poñan en marcha os seus propios establecementos, favorecendo o emprendemento.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/170112_lugoworkjpg.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=31829&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=gl&level=1
[4] http://www.deputacionlugo.gal/
[5] http://www.eoi.es/
[6] http://blog.deputacionlugo.org/2016/02/22/lugowork-o-primeiro-plan-de-emprego-xuvenil-participativo-da-provincia/