
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de informarnos de que xa podemos consultar en profesionsdixitais.org [3] a escolma dos Faladoiros Dixitais 2016. Ou sexa, unha recompilación dos artigos dos relatores que participaron na segunda edición (a de 2016) da campaña 1 mes, 1 profesión dixital [4], que, como lembraremos, foi destinada a amosar o potencial de múltiples ámbitos TIC (a robótica [5], a Internet das Cousas [6] ou a ciberseguridade [7], entre outros eidos) de cara a mellorar o noso currículo e a nosa “empregabilidade”. A iniciativa é froito dun acordo de colaboración asinado entre o CPEIG e a a axencia AMTEGA. A devandita escolma que podemos consultar agora vai dirixida a permitir un acceso permanente aos contidos xerados durante os foros de divulgación, un total de media ducia en 2016.
Prologada pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, a publicación inclúe textos arredor de temas de salientábel proxección profesional, como o Big Data (a información masiva), a computación na nube ou a creatividade dixital, amais dos que xa citamos máis arriba. Segundo lembran o CPEIG e AMTEGA, os autores son, ademais, recoñecidos expertos nestas materias. Tamén engaden que o libro mantén o deseño e a estrutura da recompilación de artigos dos relatores da primeira edición de 1 mes, 1 profesión dixital, que segue a estar dispoñíbel no botón correspondente ás xornadas de 2015 da web profesionsdixitais.org, creada para informar dos obxectivos e contidos da campaña.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/170111_faladoiros_c8ffa.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.profesionsdixitais.org/
[4] https://www.cpeig.gal/portal/node/3009
[5] http://codigocero.com/A-robotica-sera-o-eixe-tematico-do-vindeiro-faladoiro-dixital-do-CPEIG-en-Lugo
[6] http://codigocero.com/A-Internet-das-Cousas-eixe-tematico-do-novo-faladoiro-dixital-do-CPEIG
[7] http://codigocero.com/A-ciberseguridade-centrara-un-novo-faladoiro-dixital-do-CPEIG