
O Concello de Ourense abríu onte o prazo de inscrición nos itinerarios formativos da aula CeMIT de La Molinera.
A oferta que se lanza para o primeiro trimestre do ano inclúe catro iniciativas. A primeira delas é«Súbete ás novas tecnoloxías», con clases de iniciación á informática, Internet e compras de forma segura a través da Rede. A segunda proposta céntrase nas ferramentas de fabricación dixital: deseño e impresión 3D e deseño vectorial e corte láser. As alternativas para os ourensanos complétanse con outras dúas propostas: venta por Internet e o uso do blog como ferramenta de autoemprego. A inscrición a estas actividades da aula dixital de La Molinera poden realizarse a través do seguinte enderezo: cemit.xunta.gal/ centro/55 [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/170110_la_molinera.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://cemit.xunta.gal/centro/55