
Precisamos unha persoa voluntaria para a realización dun "Curso de informática básica: Word ou Open Office, procesadores de texto" (nivel inicial) na parroquia de Cabreiros, concello de Xermade (Lugo). A duración do curso é de 4 días repartidos en xornadas lectivas de 2 horas en horario de 17.00 a 19.00 horas. Comenzará o luns 23 de xaneiro e rematará o 13 de febreiro. O perfil de destinatarios/as posiblemente se centre en persoas de máis 50 anos con escasos ou ningún tipo de coñecementos nesta materia pero o apoio está aberto para todo o público.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/6384