
Collendo como obxectivo a mellora do recoñecemento das emocións na esquizofrenia, o grupo de Psiquiatría Clínica, Psiquiatría Social e Psicoterapia da USC (Universidade de Santiago de Compostela), dirixido por Raimundo Mateos, partiu de varias probas con mímica [3] e traballou con elas de cara a automatizalas para que o doente poida realizar adestramentos dende a súa casa. Máis polo miúdo, Alejandro García Caballero (integrante deste equipo) leva a cabo unha investigación que tenta demostrar a eficacia dunha nova técnica para mellorar ese recoñecemento a través dun software (da empresa holandesa Sightcorp) que fai medicións da emoción que representa o paciente na súa face imitando un modelo. O programa comeza achegando un output cunha porcentaxe de emoción en cada foto. Estes resultados gamifícanse para darlle ao usuario “unha experiencia de xogo que sexa gratificante”.
Cómpre dicir que este novo sistema probouse con éxito nun primeiro ensaio piloto na asociación Albores de Monforte. O dito programa forma parte da plataforma e-Motional Training [4], financiada polo Servizo Galego de Saúde por medio de Fondos FEDER, no contexto do Programa PRIS de innovación.
Engadir que esta investigación da USC vén de gañar o Premio ao Mellor Videoxogo Destinado áSaúde no III Congreso de Xogos de Saúde de Madrid, co videoxogo Second Chance, de Francisco Diaz Llenderrozas. Trátase dun programa de adestramento en cognición social encamiñado a doentes con trastornos mentais e a poboación non clínica co obxecto de mellorar as súas habilidades en contornas sociais a través dun xogo con diferentes finais e tomas de decisións.
O xogo, realizado pola empresa vasca Virtualware e pola galega Plexus, estase a probar en pacientes con trastornos mentais mais os investigadores salientan as súas posibilidades de uso no eido educativo, estando prevista a súa achega por parte do SERGAS en 2017.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161214_usc_emocialt473a.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2016_12/noticia_0032.html
[4] http://www.e-motionaltraining.com/