
Xa vai quedando menos para o comezo de #InLugo [3], o Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais, o gran evento TIC da tempada que se celebra os [4] días 16 e 17 de decembro no Pazo de San Marcos de Lugo (sede da Deputación) [4]. Segundo puidemos saber, o evento volveu achegar un fito en materia de expectación e “adhesión”. De feito, nas primeiras 24 horas trala apertura do prazo de inscricións, completouse o 70% do aforo co que dispón o salón de actos do Pazo de San Marcos, onde terá lugar o acontecemento. En total, 200 persoas participarán de forma gratuíta dunha ampla programación, con actividades como relatorios, debates e exposicións breves nas que personalidades e reputados expertos avaliarán os cambios de hábitos, mentalidades, formas de comunicación e estilos de vida que está provocando Internet na sociedade actual dende puntos de vista como os novos medios, a mercadotecnia, a comunicación ou a fotografía. Contará con preto de 20 profesionais referentes no eido TIC galego e estatal. Organiza a Deputación de Lugo e cóntase co apoio directo de Raiola Networks e o operador R, amais da colaboración de Pirendo e ALSA.
Coma nas anteriores entregas, por #InLugo pasarán algúns dos máis renomeados especialistas TIC da actualidade. A idea é favorecer o escenario máis acaido posíbel para que o coñecemento, os recursos e as respostas destes relatores flúa cara a todos os asistentes. Pablo Rivera salientou, entre outros, a presenza de Phil González, responsábel de New Media AMC Networks para a península e América Latina e embaixador de marca de Sony Mobile, amais de creador da que se considera a maior comunidade de usuarios da coñecida rede social de fotografía, I [5]nstagramers.com [5], con presenza en centos de cidades do mundo e en continuo espallamento.
Asemade, no congreso intervirán Bárbara Yuste, xornalista e profesora na Universidade Carlos III e Camilo José Cela de Madrid e directora de bez.es [6]; Javier Pedreira, autor do blog Microsiervos [7] e especialista en cultura dixital; Juan García, director de Escuela Bitácoras [8]; Daniel Basteiro, xornalista e cofundador de El Español [9]; Sebas Mouret, estudante e youtuber de éxito ou Miguel Ángel Lureña, doutor, licenciado en Ciencias da Tecnoloxía dos Alimentos e creador do afamado blog divulgativo gominolasdepetroleo.com [10].
O evento tamén contará coa presenza, entre outras/os relatoras/es de primeiro nivel, de Óscar Fafián, responsábel de Estratexia de R no desenvolvemento de novos servizos da Internet das Cousas (IoT), que achegará aos asistentes a experiencia recente da compañía galega de telecomunicacións no ámbito dos obxectos conectados (televisores, cámaras, smartphones, alumeado, electrodomésticos, equipamento variado), facendo fincapé nas vantaxes dos mesmos para todo tipo de servizos e demandas.
Asemade, xa confirmou a súa presenza no congreso un “vello coñecido” do mesmo: o cómico, locutor, guionista e presentador Víctor Grande, que será en boa medida o encargo de animar, presentar e acadar a máxima pegada (dentro e fóra de #InLugo) para as diferentes actividades previstas para o Pazo de San Marcos. Lembrar que Grande recentemente estivo de actualidade nos medios TIC por ter lanzado un novo proxecto cursodecomedia.com [11], un blog dirixido cómicos, oradores e seareiros no que comparte as súas experiencias no mundo da comunicación co humor como catalizador.
A maiores do devandito e respecto dos detalles do programa, na presentación de #InLugo puidemos saber que o evento irá aos poucos complementando a relación de actividades e achegando novidades sobre o mesmo. Máis polio miúdo, dixo, “o cadro de relatores irase ampliando até completar unha listaxe de preto de vinte nomes, cuxo perfil e traxectoria irase debullando nos vindeiros días na páxina web oficial, inlugo.com, e as redes sociais do evento, Facebook (facebook.com/CongresoInLugo [12]) e Twitter (twitter.com/in_lugo [13])”.
Sobre a pegada galega do acontecemento, a Deputación salienta que terá “un marcado acento lucense”. De feito, entre os intres clave do programa atópanse as presentacións de diversos servizos e proxectos TIC que se están a desenvolver na provincia. Así, a mañá do sábado estará reservada ao espazo Lugo na Rede onde se contará, entre outros, coa presenza de Simón Cabarcos, director de Blindaxe Sport e até un total de catro iniciativas que teñen as redes sociais e Internet como “principais impulsores”. Este espazo Lugo na Rede será presentado polo deputado provincial de Innovación, Participación Cidadá, Mobilidade e Deportes. Sen saírnos do sábado pola mañá, a pegada galega terá sobre as 12.30 horas unha interesante prolongación no obradoiro formativo Aprender a crear dende cero unha web para o teu negocio. Virá da man da firma local Raiola Networks e contará coa participación activa de Álvaro Fontela e Ángela Piñeiro.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161207_inlugo_grava823a.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.inlugo.com/
[4] http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=31387&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=gl&level=1
[5] http://instagramers.com/
[6] http://bez.es/
[7] http://www.microsiervos.com/
[8] http://escuelabitacoras.com/
[9] http://www.elespanol.com/
[10] http://gominolasdepetroleo.com/
[11] http://cursodecomedia.com/
[12] https://www.facebook.com/CongresoInLugo
[13] https://twitter.com/in_lugo