
A comunidade A11y de Mozilla está formada por centos de apaixonados voluntarios que teñen necesidades específicas en canto a accesibilidade e desenvolvemento da Web. Algúns membros do equipo teñen distintos graos de discapacidade visual, algúns son invidentes e outros teñen discapacidades motoras; é dicir, todos eles lidan a diario con desafíos na contorna online. O equipo Firefox A11e dedica o seu tempo e habilidades a traballar en todo o ecosistema de accesibilidade web, que vai desde influír na estándares web W3C [3] , implementación de buscadores e evangelización, ata colaborar con (e dar soporte a) tecnoloxías de asistencia.
Proxectos de A11y
Firefox ten moitas características [4]que fan o navegador para computador e a contido web accesible para todos os usuarios, incluíndo aqueles que teñen problemas de visión, son invidentes ou teñen habilidades limitadas para utilizar o teclado ou o rato.
De forma máis específica, o proxecto The Access Firefox Project [5] é un portal web con ferramentas de accesibilidade e recursos para usuarios de Firefox con discapacidade (visual, principalmente). Está deseñado para ofrecer guías e consellos para usuarios de todos os niveis, desde principiantes ata usuarios expertos. O propósito principal deste proxecto é facer da Web un lugar no que as persoas con discapacidade visual ou cognitiva poidan descubrir ferramentas e recursos que lles permitan tomar o control da súa experiencia web, personalizando a forma na que acceden ao contido.
Os mellores complementos para accesibilidade de Firefox
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161202_logo-mozilla.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.w3.org/Consortium/
[4] https://support.mozilla.org/en-US/kb/accessibility-features-firefox-make-firefox-and-we
[5] http://accessfirefox.org/
[6] https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/theme-font-size-changer/
[7] https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/page-zoom-buttons/
[8] https://addons.mozilla.org/firefox/addon/big-buttons/